1 oct 2011

Deixarse levar


                                             

    Hai entornos luminosos que semellan espellismos do que está por vir, como o sol de octubro, pequenas treguas que en breve nos farán pasar primeiro da melancolía á fantasía do outono , e despois á friaxe e a soidade recollida do inverno. Os tempos de impas son así, tempos detidos sen outro ánimo que a confusión e o engano, pequenas viaxes camiño do recollemento. A luminosidade do verán que tantos seguidores recolle deixará paso a tempos interiores, tempos de luz envolvente e atmosferas emocionadas que a algúns, me inclúo, nos encherán de emoción.
    Ademais quen botará de menos a este verán cutre que nos fixo evocar os tempos de Carpanta e miserias tan humanas como a avaricia e a soberbia, tempos nos que de repente a clase política enchéronse de moralinas e da necesidade de dar leccións absurdas a unha sociedade cansada da inacción e necesitada de luz.
    Pouco ao pouco este engano consentido dos primeiros días de outubro, tempos de desconto do verán, así o apunta o amigo Javier Fraiz, deixará paso sofisticación do outono, o sol e o seu poder calorífico encherase de morneza e cada un de nós aproximará a súa caluga para deixarse levar . 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...