3 ago 2011

Agostos luctuosos e outra herbas

   Lonxe da miña intención ser gafe, nin baixarlle o ánimo a aqueles que gozan do seu merecido descanso, pero o mes de agosto – non hai máis que botarlle unha ollada á hemeroteca- é tradicionalmente un mes onde os sucesos e as novas truculentas resoan especialmente. Tal vez, porque as  outras novas foxen en estampiña praieira coma o resto dos mortais. Recoñezo que os sucesos non me apaixonan, pero, tampouco me gusta ver xente en chanclas e traxe de baño pola rúa e hoxe forman parte da paisaxe; o que en praia América sería normal, non o é na Praza Maior e menos no Paseo.
     Dicía que tradicionalmente agosto muda a pel do xornalismo é nútrese de festas, eventos lúdico festivos e artigos de fácil dixestión. É nese páramo informativo cando as novas sanguinolentas emerxen con rabia, por pillarmos indefensos. Reconto de memoria sucesos que aínda rebolen no meu maxín estival. Foi un 31de agosto de 1997 cando o mundo se detivo porque, no medio dunha fuxida amorosa, Lady Di acompañada de Dody al Fayed esnaquizouse a testa contra un piar dun túnel . Os galegos xamais esqueceremos aquel terríbel  agosto do 2006,  Galicia ardía polos catro costado e as novas semellaban ser un parte de guerra. En agosto tamén tiveron lugar os sucesos de Puerto Hurraco, dous irmáns liáronse a tiros e demais cos seus conveciños; o accidente de Spanair, no que morreron 154 persoas; a riada de Biescas, na que un torrente enfurecido pola tormenta arrollou un cámping cheo de xente, morreron 87 persoas. Non son sucesos menores pero estaredes comigo que nestas datas a caixa de resonancia que son os medios, atiza máis forte. Oxalá que este ano os argumentos foran única y exclusivamente lúdico-festivos, aínda que me temo que, o tema da prima de risco,  o rescate do país e, outras herbas, van a ser un petardeo semellante ás cancións de Georgie Dann. De entrada o presidente do Goberno atrasou as vacacións.
  Publicado no diario La Región 3/8/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...