10 ago 2011

Canto pagaría por se bañar?


             
É sabido que o modo de formular unha pregunta, que llo digan aos que fan as enquisas, condiciona a resposta. Estes días reabriuse o debate de pagar ou non polo uso das termas municipais, se ti saes a rúa e expós a cuestión imaxínome de inmediato a resposta, pero as cousas non son así de sinxelas.  Fai moito tempo que en Ourense se fala de termalismo, das súas potencialidades, sector estratéxico clave sobre o que ha de pivotar un modelo económico sostible cara o futuro, que xere emprego de verdade e reciba un turismo de calidade ao longo do ano. Case nada.
Que a natureza outorgounos unha riqueza termal de primeiro nivel salta á vista, hoxe os paseos do Miño son un regalo, as infraestructuras termais erixidas a carón del, ademais de dignas, proxectan unha icona perfecta da nosa imaxe no exterior. En determinadas épocas do ano as infraestructuras erixidas quédanse pequenas, as loanzas cara elas son maiúsculas, pero cabe unha pregunta, por boas ou por ser de balde?
Quen acude ás augas termais busca nelas valores curativos, de saúde e sobre todo unha tranquilidade que lle axude a liberalo estres, a estar en equilibrio ca natureza. Complemento da medicina tradicional? Por que non? En Francia as estancias en balnearios son dispensadas polo sistema de saúde.  As termas non son balnearios pero comparten a mesma filosofía e son complementarias coas infraestructuras existentes e as que se van a crear, públicas ou privadas. Garantir unha calidade nos servicios require controlar os accesos, corrixir conductas inapropiadas –no son piscinas, nin áreas de pic-nic-, evitar que o aforo se sature e a hixiene fuxa. As termas creadas teñen un custe importante, pagar polo servicio é unha boa maneira de valoralo, de definilo modelo, de proxectar a imaxe de cidade termal e de calidade, non competidores low cost, e que estas dinámicas sirvan para implementar outros servicios. En resume, ser unha alternativa económica.
  Publicado no diario La Región 10/08/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...