23 ene 2015

Nacho García Vallejo, atleta en ferro #Moda #La Revista

De Moda

Nacho García Vallejo, 46 anos, triatleta. 








En Galicia hai unha canteira importante de triatletas, as xestas de Javier Gómez Noya e Iván Raña fixeron moito por este deporte para que tivera tantos seguidores. O triatlón din que é o deporte máis esixente, é a proba de Ironman, longa distancia, xa o di todo comezando polo nome.
Nacho García Vallejo é un dos amateurs que machacan o corpo case que todos os días, “un día á semana descanso”. Empezou fai 18 anos, recuperando o deporte que deixara cando tiña 27. Primeiro comezando coas probas curtas, “unha vez que esas distancias non me supuñan retos empecei a facer medio Ironman e Ironman, e así até agora”. Os retos no amateur son individuais, de tipo persoal, “o feito de acabar as probas xa é todo un éxito”. Nestes anos asistiu a probas en toda a xeografía, tamén en Francia e Portugal. E cando non, a manter o tipo nas carreiras populares. Ademais, cun grupo de amigos montaron o club TriOurense, no que están federados 35 triatletas. Gusta de moitos deportes, sobre todo deses que “te liberan e te fan sentir moi vivo”. Non os vou citar para que ninguén os imite, non vaia ser...
A sesión co deportista é no Bon Xesús de Trandeiras, Xinzo de Limia, un mosteiro derruído que mantén en pé a igrexa e o claustro, cun fondo de misterio en todo elo. Construído –din- por cabaleiros portugueses. Casualidade ou non, a imaxe de Nacho a min me lembra á de Paolo Henriques, o modelo portugués que fai anos participou na campaña de Loewe. De presenza vigorosa, pouco convencional e unha imaxe moi marcada; a sesión trata de incidir neses aspectos.

*Publicado en La Revista 22/01/2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...