Susana Seivane, 37 anos, Barcelona, músico.
José Paz |
Hai escenarios que semellan santuarios sen pretendelo; o taller da familia Seivane en Cambre é un deles.
Brais, de cinco anos, toca a gaita co virtuosismo dun adulto ben formado, e estes -os adultos-lle responden cun gran aplauso, agradecendo o regalo do neno. "Susana tamén era así", conta o abó, con ledicia, tamén con naturalidade. Todo o que acontece nesta casa xurde con naturaridade e oficio, igual que as gaitas que construen. A cultura de verdade ha de ser algo ben parecido.
Susana Seivane síntese partícipe da herdanza, ela tamén é froito das miles de horas que mamou igual que Brais -o sobriño- cando era nena.
O taller ten solera, a estancia recolle e distribue a materia prima necesaria para a construcción das gaitas. Sobre eles trazamos unha sesión irrepetible, chea de fondo, ecos e guiños a unha familia do máis musical coa estrela dos Seivane brillando con luz propia; non podía ser doutro xeito.
*Publicado na Revista 19/01/2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario