24 oct 2012

O teléfono de Paula Vázquez #Galego

En Columna


O humor tiña que estar regulado por lei coma sector estratéxico, erixilo en estado “independente” e establecer relacións de veciñanza. Ti de onde es? Eu son do País Gracioso. “Ja, ja, ja” “Rímonos de nós mesmos tódolos días”. Nada de risas illadas coma se fosen coitos interruptos. Fronte ao rigor deses países seriotes do norte, adiante coa mofa por bandeira. Historicamente os bufóns eran os que facían rir aos poderosos, hoxe non está tan claro. Humor como táboa de salvación ante a desesperanza, agás que sexas galego, alí a retranca é o deporte nacional. “A los gallegos no hay quien os entienda”. Non sei se é unha sorte que a chufa estea connosco coma  oficio sen beneficio, a saída natural para milleiros de bufóns contemporáneos ao socairo dun sistema que renxe. E non amentarei hoxe a aqueles que se toman as eleccións a broma, tampouco os que introducen a roda de chourizo dentro do sobre por facermos felices, nin dos que manipulan a papeleta amentando o membro dun señor chamado Vidal que fai réplicas das súas partes como se foran trofeos, servidor non o dubida; nin deses que dirixen unha carta chea de insultos ao Presidente, sabendo que o único presidente que a vai ler será o da mesa. Nin daqueles que se apuntan ao frikismo porque así nos rimos máis alto, como todos os partidos son iguais, nada mellor que erguer un circo en propiedade; nin a eses que temporalmente abandonan a “militancia” para zigzaguear coma serpes e aplicarse un autoflaxelo xerminal. A min hoxe o que me pide o corpo de verdade é amentar a todos eses “ilustres” que non tendo outra cousa que facer -3689 chamadas, 1623 sms, 258 mensaxes, 6384 whatsapps- bufonearon esoutro día con Paula Vázquez, que tamén é galega.

José Paz

*Publicado en La Región 24/10/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...