6 sept 2012

Patriotismo de lata #galego

En Columna

José Paz
  A tristeza de Ronaldo é un tema serio, e non chanceo. O xogador necesita mimos e carantoñas que non recibe, padece o mesmo mal ca o resto dos españois, coa salvidade de que á tropa, a que paga por velo, aínda por riba lle pandean nas costas. En España fai tempo que perdemos a temperanza, a realidade fíxonos demasiado dano. Da noite para a mañá deixamos de ser princesas na procura de consortes para atrevermos a darlle cóxegas na testa ao mesmísimo rei, baluarte, eso din, da democracia. Este país é inxusto con Ronaldo, non sabe como tratar á icona futbolística, unha estrela chea de “saudade” que debemos arroupar para que nos volva a deleitar co seu sorriso e simpatía. Paga a pena, de verdade. O portugués desexa que o mimen coma se fose Messi, e non pide moito máis, cariño e aloumiños, como os que recibe de todas as mozas que se derreten ante a súa figura. Non hai comparanza, que percha, sorriso e fermosura a súa, é que ninguén lle mirou á faciana ao arxentino? É certo que o portugués tampouco merece nin desexa pagar tantos impostos, outra evidencia máis de que os cartos non garanten a felicidade, que despois embárgannos a preguiza tributaria e pedimos consolo.            
   A Ronaldo falloulle a realidade; igualiño a Rajoy ,cunha salvidade, o portugués marca goles para o Madrid e o presidente méteos en propia meta. Un claro problema de realidade, esa variable caprichosa coa que hai que loitar, a verdadeira proba –sen lugar a dúbidas- do algodón. O presidente anunciou en Soutomaior moitos segredos, o máis salientable, que a realidade foi quen de impedir a posta en marcha do programa electoral. Branco e en botella, o programa electoral non se axustaba á realidade, é máis, esnaquizouse contra ela á primeira de cambio. Non había plan B, nin paixón, nin nada. Tantos anos agardando pola pelota e resulta que o contrario tamén xoga, e máis, saíu respondón.

*Publicado en La Región 5/09/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...