De poesía
Deixa que pendure a corda,
que as sombras se
reflictan no espello,
e cando chegue a noite se
den a man
coma se foxen un corpo.
Que a sin razón e a
demagoxia tomen forza,
que non haxa xamais lugar
para a esperanza,
e dunha vez por todas
podrezan xuntas.
Dionisio non foi un
tirano, camiñaba na procura da vinganza,
e o que atopou foi a
frialdade da xustiza.
José Paz |
No hay comentarios:
Publicar un comentario