15 jul 2012

Tonhito de Poi. Terra de naúfragos. Moda #Galego


De moda
Tonhito de Poi, músico



José Paz













   Os heredeiros da crus están de volta, o mítico grupo cumpre vinte anos na música e regresan aos escenarios con ansias de faena, fano coma toureiros co ánimo de repetir novas tardes non sei se de gloria, pero seguro que divertidas serán un cacho. O do retorno é a escusa perfecta para encontrarnos cunha personaxe querida, e facer de paso o noso traballo, unha sesión un tanto  irreverente, case de antimoda, con alguén a quen a moda –a que marcan as tendencias- lle queda á altura dos nocellos, aínda que no fondo non sexa exactamente eso, ou si, el é o patrón, sobre todo no escenario. Tonhito de Poi faise de rogar na cita, pero cando acude faino cun amplo sorriso que compensa, para el o mundo segue a ser o seu barco que el tripula segundo as mareas.
  A cita é en Benposta, na Cidade dos Muchachos, nese sono erixido polo padre Silva fai cincuenta anos, un home que fixo migas e boa labor con moita xente, entre eles co artista que nos acompaña, a que un día atrapouno o proxecto e así o demostra. Tonhito elixe Benposta porque nese singular territorio aínda se respira a enerxía de moitos homes bos, e así entre os restos dos anacos dun circo que xirou por todo o mundo el síntese especialmente cómodo.
A sesión resulta tan especial coma o personaxe, deixámonos levar, improvisamos, descubrimos os recunchos, os restos dun fermoso naufraxio circense, atopamos vellos amigos, pasámolo francamente ben.

*Publicado na Revista 15/07/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...