24 jun 2012

Un gaiteiro de moda # Moda


De Moda


Xosé Manuel Budiño, músico

Estilo: casual


José Paz














En Xosé Manuel Budiño atopamos un home reservado, amable e próximo. Imposible recoñecelo nesa imaxe que o músico proxecta sobre si nas actuacións, sempre mudando a pel e loitando por atrapar o duende a cada instante, pouco que ver co o home que descubrimos ao estar fronte a el. Sobre o escenario é un artista poderoso que lle aporta á música tradicional o impulso vitalista e aglutinante necesario para que respiren nela tamén outras culturas e tempos musicais; ao telo diante ves unha persoa sensata e cercana coa que da gusto traballar, e que postos a facelo, nunha destas sesións que elaboramos para a Revista, emprégase tan a fondo como se estivera sobre o mellor dos escenarios, ou case. Axúdanos o espazo elixido, a Casa Rural de Aldán, a calidade da anfitriona, Marisa, que nos fai sentir ben cómodos, tamén a axuda de María, compañeira de Budiño, que discretamente vela pola imaxe do músico.
O porte, o look, o pelo louro e a pel branca danlle ao artista un aire foráneo. Xa non é un neno pero segue a manter parte desa mirada melancólica e aniñada da mocidade. A sesión vai longa, tratando de incorporar o ambiente de calma do pobo -moi recomendable- e do porto, inmerso na rutina da actividade pesqueira; e sobre todo a singularidade da casa, un antigo almacén de salgaduras moi ben restaurado e acomodado as circunstancias actuais. O resultado, visual e tamén  musical, grazas ao artista.

*Publicado na Revista 24/06/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...