José Paz |
Ás veces o cotiá
ten estas cousas, atopas imaxes que como se fosen sinais che dan no lombo. A morte
é a única certeza, o destino que a todos nos iguala e do que ninguén se escapa.
A morte é canalla, nunca se esquece, camiña ao noso lado e convén non aturala
demasiado. Na nosa sociedade, non acostumada a sufrir, é un termo tabú. As necrolóxicas
son unha afirmación en si mesmas, a constatación de que fulano deixou de estar
connosco. Unha maneira de despedirse con elegancia e fonte de información en si
mesma. A morte esperta a curiosidade dos vivos, tamén o grito desesperado e as
grazas por non selo elixido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario