20 jun 2012

Pregúntenme a min # Galego


José Paz

  A comunicación é o sustento das parellas, das empresas, tamén dos gobernos. A nosas vidas réxense pola comunicación. Se comunicas mal perderas oportunidades e dilapidarás o teu crédito. Comunicar ben é complexo. Cando Rajoy chegou ao poder dixo que a comunicación –sabendo xa o que tiña na mesa- era algo prioritario para o Goberno, vistos os feitos calquera o diría. O Goberno transitou por tantas como sorprendentes etapas. A máis salientable a ausencia dos primeiros meses derivando o protagonismo cara a vicepresidenta, coas intervencións ministeriais múltiples tralos consellos dos venres que incrementaron a desconfianza, anuncios ao marxe. As contradicións entre ministros, relatos dispersos, cando non antagónicos dinamitaron a credibilidade. A acción política implica establecer cal é o camiño e dilucidar o destino, e iso é labor tan só do líder.
    Os silencios, tan creativos na comunicación radiofónica, en política son o contrario, incrementan as dúbidas, crean sensación de descontrol. O presidente empregou os silencios por todas partes, como quen agarda a que escampe o temporal e cada vez chove mais. Interveu en sitios inapropiados, tarde, e cando o temporal xa era brutal, empregou saídas coase cómicas como cando no máis puro estilo Mariano pronunciou aquilo de si quere saber pregúntenme a min.
    Tralo rescate financeiro recorreuse aos eufemismos, establecendo unha comunicación de consumo interno cando estamos focalizados a nivel planetario, hoxe as respostas do Presidente non admiten xogos de linguaxe, nin dobreces, nin “retruécanos” posibles. Que tempos aqueles –pensaría Rajoy- nos que Zapatero evocaba a Gómez de la Serna, "as nubes poden ser xemelgas e que o mellor oficio do mundo é o de supervisor de nubes".

*Publicado no xornal La Región 21/06/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...