André Arzúa
José Paz |
Fai tempo que a cociña é pura creatividade, porque na arte de comer, ao marxe de garantir as cuestións alimenticias, igual que en tantas facetas da vida o visual tamén reina. Hai moito tempo que o deseño atrapou a cociña, que non é o mesmo que sentirse reo, porque o gastronómico e o visual fan boas migas, como tantas outras facetas da vida as viandas tamén teñen que entrar primeiro polos ollos. Con André Arzúa descubro que a cociña é estratexia e organización, que nun restaurante se traballa desde moi cedo, e que o obrador dun restaurante é unha fantástica mesa de operacións. Establecemos unha sesión diferente, na que os utensilios de cociña, tan prácticos e deseñados eles, nos dean tamén xogo á hora de elaborar as imaxes. André atrapa a idea e colabora, entre outras cousas, porque son as súas ferramentas, e porque facemos a sesión no seu propio lugar de traballo, unha fábrica de curtidos do século XVII na que se repasa e respira a memoria industrial dun Allariz glorioso, case nada.
*Publicado na Revista 10/06/2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario