2 may 2012

Un último esforzo


José Paz

   Penso que a Mariano Rajoy xa lle falta menos para pedir ese último esforzo, o definitivo, o de solicitar publicamente o hara-kiri do persoal patrio. Si, xa sei que nada semellante recollía o programa electoral co que o PP gañou as eleccións de novembro, que lonxe quedan por certo, pero tampouco figuraban outras e mira, o libreto do programa xa ten máis marcas ca barra dun bar. Un sabio consello sería o de deixalo caer coma un rumor, xa saben, para ir acondicionando o corpo, a mente xa fai tempo que está predisposta. De igual xeito a como se soltou esta semana o relativo ás peaxes das autovías públicas, non as lusas senón as nosas, con análises comparativas de como desa maneira mellorarían os deteriorados firmes. A xente valora que lle digan a verdade, aínda que doa. O máis importante sempre é a didáctica empregada. Cando chegue o día, nun deses temidos venres, quen teña a obriga de comunicar a expeditiva medida, que o faga con claridade, sen titubeos e, sobre todo, sen agochar a letra pequena que de pé á procura de eximentes nalgúns cidadáns “insolidarios”. Ou todos ou ninguén.
    A alusión aos mercados funciona, quen lembra a estas alturas o anuncio  do presidente de que cando el gañase as eleccións, igual que Moisés separou as augas do mar Roxo, el os calmaría. Os cidadáns recoñecen a súa maldade, as chantaxes sufridas, a que viña a insistencia e a presa de presentar uns presupostos cribles antes das eleccións andaluzas? En breve o problema xa non será o paro, nin a eterna reestruturación bancaria, nin o feito de ver a Esperanza Aguirre exercer de primeira dama, nin certificar o descrédito exterior, non, o máis importante será saber que facer con tanto sangue.

* Publicado no xornal La Región 2/05/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...