9 may 2012

Gratis, si que traballo


José Paz

 A verdade é que o das redes é ben sorprendente, xa non quedan recunchos por colonizar, ademais sen resistencia. Esoutro día unha coñecida cadea de roupa implantou nas perchas de colgar as prendas un mimético “me gusta”para opinar sobre o produto. Até o nobel Vargas Llosa alertábanos da banalización da cultura, teñen as redes algo que ver con iso ou é o paso previo ao naufraxio?.
   Fai uns días falábame un colega do farto que estaba de que as redes mediatizaran a súa vida, que lle restaran un tempo que antes era seu. Que era incrible a cantidade de xente que a cambio de alimentar o seu ego asumiu o feito de traballar gratis.
Fatigados,faltos de sono, un exercito de profesionais dispostos a dalo todo con tal de "medrar". As redes non fan mellores nin peores ás persoas, un insociable non vai cambiar por sucumbir a ela. A rede non libera, enreda. Fainos consumir cantidades inxentes de información, sen identidade. Os provedores de contidos, ao marxe dos medios, son moi poucos e case sempre os mesmos, o resto é tropa.
Os ideólogos coñecían ben a psicoloxía humana para artellar esta  autopista solemne. As redes alimentan a envexa, e non a solidariedade como nos anunciaron, porque o home é envexoso por natureza. Evidénciase a gula, no feito de consumir novas que non deglutirás xamais. Atopamos seres intransixentes e asociais cando alguén non comparte os seus discursos. Enfermos de notoriedade necesitados de evidenciar constantemente o seu liderado. A avaricia, coa entrada do marketing agora todos somos clientes de todo. E que me contades da pereza, cantos vagos coñeces que na rede se medran, porque non é nada custoso subir traballos alleos coma se foran teus. Hainos que incluso dan o pego.

*Publicado no xornal La Región 10/05/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...