José Paz |
A confianza é coma o respecto, se o perdes date por morto. É necesario confiar en alguén, a vida senón sería un horror. Houbo un tempo no que o mundo mundial lanzouse aos pes do presidente Obama; o seu liderado xeraba tantas expectativas que tal vez por iso lle deron o Nobel da Paz sen despeitearse. E iso que nos USA a máxima confianza –e a única- deposítana os que sufragan as eleccións presidenciais. E non fai falta investigar moito. Ante as eleccións francesas pasou o mesmo, moitos concidadáns gozaron coa vitoria de Hollande, gañou, e lle faltou tempo para solicitar publicamente o rescate para a banca española. Adiviño ou sabía algo que non nos dixeron?
Os nosos socios europeos desconfían de nós, como país e coma cidadáns. Fai nada o demo, ao marxe dos gregos eran os italianos, Monti silenciou os berros e trasladounos o morto, até desapareceu da escena un pallaso convulso coma Berlusconi .
Rajoy xerou desconfianza desde o primeiro minuto. A golpe de machada perdeu a dos españois, non solo polos feitos, senón pola maneira de comunicalos, ou por non comunicar nada. En Europa pasoulle o mesmo, as improvisacións e as dúbidas minguaron a confianza; estes descoñecen que é iso da clemencia. O último, o de Bankia, cuxa privatización chea de suspense precociñado está a incendialo todo. Dende o BCE rexeitan a fórmula de financiar a entrada no banco, que non a saben porque non se lles comunicou, pero a sospeitan. Coma sempre todo semella unha partida de póker. Tralo anuncio da marcha de MAFO, el tamén fala de desconfianza, e dío coma quen pasaba por alí. Na economía a desconfianza é o fin. A última palabra é de Merkel, o problema é que xa coñecemos a súa linguaxe.
*Publicado no xornal La Región 31/05/2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario