21 dic 2011

Razóns para crer



     Quero pensar que o de ser miserable non é algo inherente ao ser humano. Non gasto simpatía por ela, pero o que lle aconteceu esoutro día provocoume noxo e pena. A lapidación, o escarnio público na rede –algo común en personaxes públicos- da escritora Lucía Etxebarria tralo anuncio de que, por mor do pirateo, deixaría de publicar libros evocoume a latitudes nada democráticas. Ao marxe da lexitimidade das súas demandas sorprende tanta creatividade mal canalizada en pro da ofensa. É coma se dentro de nós espertara un déspota, confundindo a liberdade de expresión coa expresión do insulto, alporizando as masas para arroxar gasolina sobre a vítima; quizais porque temos a escala de valores xa moi alterada. É comprensible que ante a inxustiza gran parte da sociedade se indigne, a corrupción, as actitudes nada exemplificantes de persoas das que, por formación e clase se espera todo o contrario, non axudan, pero non hai que perder o tino e menos a esperanza. http://www.youtube.com/watch?v=yo4Kl3_nKd8
     A publicidade, ese oficio de sedución que nos acompaña, que nos cicela a pel de mensaxes de amplo espectro e calado coidadosamente envoltos estase reivindicando hoxe coma o que é, un arma necesaria. Deglutimos estes días unha sinxela campaña -Coca-Cola- http://www.youtube.com/watch?v=nWxRjU2OFnU&feature=player_embedded que pon o acento sobre esas actitudes do home que o dignifica, e que tamén están aí, nos medios. Por certo non se ilustra comportamento de ningún banqueiro, nin político, nin consorte real, por que será? Nela descubrimos os lemas dos indignados, a xenerosidade dun avó que lle dona un ril ao seu neto, “se teño dous, un pa ti outro pa min”, os voluntarios que traballaron en Lorca, pero o exemplo de máis impacto e o dun inmigrante marroquí residente en Bilbao que despois de atopar na rúa catrocentos décimos de lotería foi quen de devolvelos, sen deixar sequera o seu nome. Un sinal? Por suposto que si, o de devolvermos aos demais as razóns para crer no home.



*Publicado en La Región (22-12-2011)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...