18 dic 2011

Naufraxio vespertino


                                                 

Necesito  navegar, sentir a friaxe no meu rostro e a humidade na alma. O mellor das viaxes é facelas con naturalidade, deixarse levar como fan os náufragos cando se lles esgotan  as forzas. Viaxe cara ningures, viaxe na memoria vespertina que é a que te leva máis lonxe, quizais cara Terranova, por que non, onde se dirixían aqueles  vellos mariñeiros vascos na procura do bacallau, eses si que eran homes curtidos na viaxe. Viaxes cheos de humidade e de silencios interiores, de ausencias. Sen cartas de navegación, nin útiles mariños. Penso por un momento cómo sería aquilo de  vivir no interior dunha balea, cómo o golpear do corpo malferido contra as paredes frías do cetáceo e descubrir que este anda malferido, que aínda resiste na súas costas o aceiro arroxado dende a escuridade . É probábel  que o náufrago xa non vexa nada pero si que percibirá os  sons dende a profundidade  do océano. Seguro que é así, porque todos andamos na procura das sinais que nos aporten esperanza. Despois será silencio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...