Nuria Sotelo, 35 anos, Ourense, bailarina
José Paz |
Se a vida fora unha dualidade entre ceo e terra, a danza sería o medio perfecto de expresión. Poucas artes necesitan tanto un corpo poderoso e flexible capaz de arrancar a plasticidade á anacos do momento. A danza contemporánea é ximnasia e improvisación, coa versatilidade nos fraseos próximos aos dun intérprete de jazz sen instrumento; é pura rebeldía, non hai melodía nin corpo que resista tamaña loucura. O que foi contestación contra o clasicismo da danza en si, ten ben gañado o ceo por méritos propios.
Nuria Sotelo camiña pola vida liberada de estigmas e amarres, como quen non desexa mirar máis lonxe do momento por vivir, que é o que máis vale. O reto, sacar adiante o seu traballo, o que lle move, sen dúbidas nin lamentos, “se non hai oportunidades, eu as creo”, comenta a ourensá, coa seguridade de quen nun determinado momento deixouno “todo” por construír un sono a rás de solo; e nesas anda.
As imaxes estereotipadas minan de incertezas calquera camiño. A sesión con Nuria converteuse sen pretendelo nun improvisado exercicio por afastarse deles, á artista sóbralle personalidade e talento.
*Publicada na Revista 1/09/2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario