21 jul 2013

A actriz do momento #Moda #Uxía Blanco

De Moda

Uxía Blanco, Actriz, Loxo-Touro, A Coruña




José Paz








A vida non ten desperdicio, agás o tempo perdido en desaproveita-la vida. E fin. A sorte de facerse maior é que ao marxe de envellecer, enches o caixón da memoria de momentos xa pasados. A Uxía podémola enxergar no almanaque do tempo en moitos papeis, algúns de tránsito, outros de gran intensidade e acerto, como o que tivo na “Lingua das bolboretas”, de gran credibilidade, nembargante polo momento que pasará á historia, polo menos para nós, por darlle corpo a “Sempre Xonxa”, a xerminal película do cinema galego, que nos fixo crermos país, que a cultura era posible tamén en galego, e que o cinema patrio non era unha quimera. Craso erro.
  Uxía está coma sempre, non como aquela primeira vez que tiven a ocasión de fotografala con Chano Piñeiro –o heroe-, pero case, hoxe é xa esencia dun perfume notorio. Atrapámola no Vigo que lle da alma, o que sinte o calor na rúa e nas xentes que a queren e preguntan, acostumados a sentila preto na tele. Camiñamos a carón do porto deportivo, entre transeúntes e pescadores por matalo rato, deixándoa ollar cara dentro, cara ese caixón que leva ateigadode soños vividos. E sae unha sesión plena, como a propia Uxía.

* Publicado na Revista 21/07/2103

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...