12 sept 2012

Futuro Las Vegas # Galego

José Paz

Perder a perspectiva na vida é case peor ca perder altura nun avión de Ryanair. A perspectiva é a que nos permite valorar ben as cousas, acadar a profundidade necesaria, neste caso o futuro. Este país foi creativo até onte. Debeu ser un asunto de meigas, non de fuga de cerebros como salientan. Agora da noite para mañá seremos un gran casino, perdón, dous grandes casinos, e nós coma se nada, nin dar a gracias, coma se o feito de erguer nun páramo douscentos mil postos de traballo fora moco de pavo.
Adelson é un visionario, un mago,  Bañuelos outro, senón que llo pregunten aos accionistas de Astroc. O truco, ladrillo e máis pelotazos sobre o chan. Segundo o Secretario de Estado de Comercio, Jaime García, o feito de que o Goberno aprobara a reforma laboral permitiu que ese homiño parapetado baixo unhas gafas negras e casado por internet focalizara o seu interese nun país amable coma España para erguer hoteis e casinos como se fosen pinos; e nós rompéndonos a cabeza en cambiar o sistema económico, se todo é bastante máis simple.
Un  modelo -o do xogo- que, salvando as distancias, lle funcionou a Lucky Luciano ou a Al Capone non ten porque non facelo agora, tan só hai que adecualo á lexislación vixente. E postos en faena, se de paso legalizaramos a prostitución, que non é traballo, tampouco un delito salvo que o fagas forzado, conseguiríamos aflorar os caudais da economía sumerxida de non menos de trescentas mil persoas que viven na escuridade. Por que  conformarnos con modificar a lei antitabaco para que así Eurovegas estea máis animoso. Por que? Este debe ser un país de oportunidades, a América dos anos vinte, ou a Cuba dos trinta, xogo, alcohol e despelote. Sempre funciona. Unha última maldade, legalizada a prostitución, quen se opoña a exercela por imperativo gobernamental, quedará liberado de subsidios; que é iso de vivir do conto.

*Publicado no xornal La Región 12/09/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...