16 sept 2012

Doce e melódico, Emilio Rúa # Galego # Moda


Emilio Rúa, cantautor


José Paz















As emocións son coma un traxe, cada quen atura co seu. Como dicía Bucay, pode que non sexamos responsables das emocións, pero si do que fagamos con elas, da súa xestión. Hai xente que nesta viaxe camiña presa de si mesmos, outros sempre van fríos coma témpanos. A creatividade é a ximnasia das emocións, o edificio a construír a través das palabras, da arte ou do que sexa, a mellor maneira de exorcizalas, de domala a fin de contas. As emocións mídense en palabras, escenifícanse ou relátanse coma se foran contos, lugares comúns na causa do home. Hai xente a quen lle emociona todo, capaces de sacarlle chispa á cousa máis mínima, son seres privilexiados. Emilio Rúa exorciza as emocións a través da música, sen presa, con suavidade e sixilo, como se no lo contara todo ao oído. Leva a música no sangue, e o que é mellor, o hábito, as melodías mamadas con naturalidade na casa, sen a impostura do oficio. Síntese cantautor, si, pero sen complexos nin corsés, quen se aventura no camiño da copla, con elegancia e tino e sae indemne, non pode ser doutro xeito. O seu forte son as versións, cun estilo propio e diferenciado, cuestión imprescindible en calquera dos oficios, máis neste.
 A piques de publicar o seu novo disco, máis folkie e con influencias da música norteamericana ( Joni Mitchel, Bob Dylan ),  notámolo un punto ledo, como quen garda un secreto aínda por parir pero seguro de que será do agrado de moita xente. A sesión -no Auditorio de Ourense- resulta cómoda. Camiñamos, conversamos e de cando en vez deixamos que unha melodía esculpa a súa imaxe emocionada.


*Publicado en La Revista 16/09/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...