29 jul 2012

Soltar amarras. Rafa Durán #Moda


De moda
 Rafa Durán,  actor e presentador












 Imaxino que o do humor é máis transcendente do que parece, un humor fino, sutil, intelixente, ao estilo de Miguel Mihura, ou de Gómez de la Serna, pero iso é humor antigo, agora o que se leva é o humor catódico, televisivo o humor hilarante de concurso co que entreter ao persoal. É bo rirse, incluso dun mesmo, aínda que nos guste máis a mofa allea. Rafa Durán é cómico, actor, presentador, e o que faga falta, que é como ten que que ser. Un mozo atrapado polo humor pero moi sensato en todo.
A cita é na turística Baiona, así a vemos desde Ourense, pero tamén mariñeira como a sinte un Rafa, fillo do mar e de mariñeiros. Como quere reivindicar o oficio facemos unha sesión fondeados no porto e embarcados nunha pequena planeadora de pesca. Aproveitamos todo o que resta na superficie destes barcos despois da faena, que non é moito atrezo pero si suficiente para o que vamos pescar. O rostro e o físico do artista dan ben no papel, incluso acadamos algunhas poses interesantes curradas a pleno sol que é o que toca, currar, currar e currar.

*Publicado en La Revista 29/07/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...