26 jul 2012

Palabras precipitadas #Galego


                         
José Paz
   Inmersos de pleno no estío, a canícula preséntasenos como se quen estivera diante fora a estela dun descoñecido. O verán hoxe é un meandro estraño, un simulacro do que foi, e iso que neste país de turismo sabemos un cacho.
      Será porque agora o quilo de política –esa que sempre se mediu ao peso– case non pesa. A política sempre foi esa hoste etérea cuxos principios rexios escritos en trazo groso aportaban a credibilidade e estabilidade necesaria, xa non. O que foi garante de progreso mudou en desesperanza presa de intereses partidistas e tamén de arribistas. A estas alturas da película, servidor non lle restaría responsabilidade, non sei en que porcentaxe, á mala política comunicativa, a un uso neglixente na linguaxe, coma un argumento máis neste acto de contrición que estamos a padecer. A linguaxe, a comunicación –incluso a non verbal– é prioritaria nas relacións persoais. A linguaxe pode tamén ser clave no desenlace dos propios acontecementos, cando menos en determinadas fases. Quen pode cuantificar até que punto as liortas políticas, ao marxe de políticas inadecuadas, precipitaron a economía ao abismo? Quen pode asegurar que non son as responsables? A ninguén que desexe vender un activo, ou ten interese en que ese activo non se desvalorice se lle ocorre falar maldades del. Neste país non sempre foi así. Comentouno esoutro día na súa intervención no Congreso o exsecretario de Estado de Economía, José Manuel Campa, cando Zapatero presumía de que a banca española reinaba exitosa na premier league, non era unha realidade plena, pero tampouco era cuestión de vilipendialo argumento con crueza como se fixo para por en risco de contaxio e credibilidade todos os piares da nosa economía. A linguaxe belicosa e derrotista propia da campaña electoral nas eleccións do pasado novembro, despois a alusión constante á herdanza recibida serviron para asolar a casa común, que se non era firme de todo, agora xa non lle quedan nin portas.

*Publicado no xornal La Región 26/07/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...