19 jul 2012

Controla que algo queda # galego


José Paz

   Hai profesionais aos que non lles perdoariamos un erro, da súa labor depende a tranquilidade de todos. Imaxinémonos que un bombeiro chega tarde a un incendio, que o sarxento ao mando falla na estratexia e acontece unha desgraza. A reacción dos afectados –non é a primeira vez– sería contraria e animicamente insoportable para os implicados, ao marxe das responsabilidades xudiciais. Por outro lado bombeiros, igual que tantos profesionais, teñen protocolos de actuación, nos parques adéstranse e utilizan simuladores dos posibles acontecementos aos que se terán que enfrontarse na vida real.
    A un servidor, xa coa vestimenta de mínimos camiño da praia, a comparecencia no Congreso de Luis Linde, gobernador do Banco de España, lle resultou con matices ben parecida a unha desas charlas que acontecen nunha desas universidades de verán, nas que se fala con distancia do curso académico. O mosqueante foi a inicial alusión á dificultade do momento, unha eximente? Agardo que non lle aconteza como a tantos economistas que cando se lles pregunta polos erros de diagnose, responden que eles non son adiviños. Non facía falta selo para descubrir que a banca presa da euforia sufriu unha queimazón na metade da década pasada, derivada da implosión vivida nos tempos da loucura financiada a créditos alleos, a maior parte, de entidades francesas e alemás, as mesmas que agora queren cobrar. É certo que todo aquilo era novidoso paras as entidades, faltaría máis. Que a deriva por urbanizar todo, entrampou aos concellos, deputacións e ás Comunidades autónomas en tempos dos gobernos de PP e PSOE. Que as provisións anticíclicas de Caruana foron breves como a brisa a carón do mar. Que a MAFO, lle preocupaba todo menos o seu labor. Agora Linde entra en escena cunha diagnose clara, que non pasa por outra cosa que recoller os cadáveres tralo incendio e dar o pésame ás familias coma se fose un drama natural e non un incendio por desleixo no oficio.


*Publicado no Xornal La Región 19/07/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...