28 jun 2012

Un Gaiás "ilusionante" # Galego

José Paz

Hai imaxes que semellan hipnóticas, o yin e o yang é das máis coñecidas, outra a das dúas caras enfrontadas que segundo as mires ves un floreiro ou dous rostros, ambas son un paradoxo positivo–negativo que nunca se resolve.
A cultura parécese moito a estas dualidades, podemos reducila a exuberantes contenedores ou rendernos ante os contidos. Galicia nunca necesitou un Gaiás, xa tiña espazos  nos que reinaba a cultura. O Gaiás -ao marxe do custe, o quid da cuestión era o mantemento-sempre foi sospeitoso, comezando polo un destino que nin os promotores eran capaces de aventurar. O Gaiás é para a cultura o que o boom inmobiliario á economía do país. A explosión desta burbulla está a esnaquizar a creadores, industrias culturais, museos, galerías. O patrimonio histórico-literario, o artístico, incluso a lingua –súmanse moitos factores– estanse vendo afectados; algúns apuntarán que o tecido cultural era feble. Abrasado pola sangría do Gaiás, o conselleiro Vázquez –co ánimo de reducir custes– rebautizou os escenarios ideados por Eisenman. Incorporará o patrocinio privado, fondos europeos, viveiro de empresas, e alugueres. A Cidade da Cultura era o gran proxecto megalomaniaco para Galicia, hoxe é un gran problema pouco verosímil. Non quero pensar o que opinan del na Unión Europea.
Asumamos a hipótese de que a economía floreza novamente, que alá polo 2025 as obras rematen. Quedará en pé algún anaco de cultura made in Galiza para entonces? Non sería mellor deixarnos da “ilusión” visual, o espellismo grandioso, e agasallar o seu destino a outros fines, comerciais por exemplo, por que non pedir consello aos visionarios de Eurovegas, seguro que non lles faltarán boas ideas contra a nosa crise moral.

*Publicado no xornal La Región 28/06/2012


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...