23 dic 2011

Un millar de almas


                                          

    Seguín as indicacións ao pé da letra, despois de situarme na liña marcada pousei a pedra no chan e agardei polas novas. Aínda que ao desaparecer a néboa descubrín que todo aquilo tiña que ser  un simulacro, un truco macabro, algo  friamente calculado, xa pouco podía facer. Tras de min viñan  miles de homes, mulleres, nenos, anciáns, todos eles tamén cunha pedra na man, a dalgúns dun tamaño considerable. Desde  a distancia aquela visión de miles de seres desfilando estaba cargada de beleza, unha beleza rara, digamos que mortal.
 Non se escoitaban lamentos nin queixas, ao sumo un ladaíña dunha verborrea incomprensible. A incerteza tornábase en resignación e amargura ao comprobar a irreversibilidade de cada paso. Todos atopábanos agardando polo mesmo, interpretando un plan friamente calculado por un ente superior. Si non era posible retroceder, a única opción era avanzar, camiñar lentamente. Cara onde? Algúns seres debilitados deixábanse caer, ninguén miraba cara eles, milagrosamente desaparecían  entre a multitude. Desaparecida a sensación espazo temporal, xa nada era deste mundo. Ao escoitar o sinal eu tamén arroxei a pedra, enton xurdiu o impensábel, a ollar cara o fondo daquel  infinito precipicio descubrín que estaba repleto de almas. Iso si que era lamento!  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...