17 ago 2011

Quen dirixe ao Papa?


As protestas dos contrarios á celebración das JMJ non lle agradan a Igrexa Católica, institución por outro lado acostumada ás criticas, aínda que creo que outras opinións, por vir de onde veñen, seguro que lle doen un pouco máis. O portavoz de Redes Cristiáns, Enrique Villar, unha institución de rúa, nas antípodas da moqueta e das rexas douradas, cualificou pouco menos que de disparate o dispendio que custa a visita do Papa, así como o feito de que un xefe de Estado acuda a outro país –democrático e laico- a criticar as súas leis. Pero son  máis as institucións cristiáns que non participan das formas do JMJ, todas elas acostumadas a convivir en silencio e traballar cos máis necesitados, mentres as elites, institucións como o Opus Dei, os Neocatecumenais, etc. teñen o predicamento.
   Creo que dende o ano 1985 no que Juan Pablo II puxo en marcha estas xornadas mudaron moitas cousas. Xa sabemos que Igrexa Católica como institución é capaz de  mobilizarse como ningunha, facer recuar decisións políticas lexitimamente aprobadas que, aínda que moitas atentan contra a moral católica, foron promulgadas por gobernos democráticos, precisamente o debe dunha institución inmobilista e pouco permisiva coa intromisión de críticas alleas.
    Un que foi educado no respecto e na tolerancia, e que valora a labor desenrolada pola Igrexa pensa que, unha exhibición de forza de este nivel, pódese contemplar máis como un exercicio de maiúscula arrogancia que como acción puramente evanxelizadora. Na era das novas tecnoloxías, máis para a mocidade, inmersos nun momento de estreiteces nas sociedades desenroladas, a fame manifesta en amplas areas do planeta, debemos medir a racionalidade dos actos, humanizalos, e non crear macro eventos que nos fagan sentir divinos cando non somos máis que homes.
Publicado o 18/08/2011 no diario La Región. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...