25 ago 2011

Gustas de Trending Topics?




      Creo que o vertixe e o absurdo viñeron para quedarse, apoderáronse das nosas vidas e teremos que convivir con eles. Gusto das bromas, máis non chanceo. Fai uns días almorzamos coa nova de que Epi e Blas, ilustres personaxes da infancia de moitos de nós, desmentían o seu enlace, vamos eles non , os responsables do vetusto Barrio Sésamo que dixeron que de homosexualidade nada de nada, que non habería voda e que tan só se eran bos amigos. Tamaña paranoia a qué responde? Días antes un ilustre internauta de Illinois, Lair Scott, alimentou a proposta nunha canle de internet e esta botou lume.
    A rede está chea de temas de interese, pero tamén de frivolidades manifestas, a vida é así. A última que eu lembre foi a xurdida trala agresión de Mourinho a Tito Vilanova, resulta que na imaxe difundida dos feitos figuraba un hierático home con bigote, #eldelbigote foi o trending topics (TT) do momento. Todos estes termos acompañados dunha # son propios do Twitter, unha bomba da comunicación xurdida fai cinco anos en San Francisco e cuxo mecanismo, 140 caracteres por tuits, encheu o planeta de filosofía de todo a cen.
  #Spanish Revolution, #Acampada Sol e moitos outros, o responsábel elimínaos despois dun tempo, aglutinaron as convocatorias do15-M, uns dos trending topics máis usados. No feito da repetición do termo na rede radica o éxito dos trending topics. Algúns meritorios, como o recente  de García Lorca, non porque non o mereza; outros previsíbeis como a morte de Michael Jackson, os papeis de Wikileaks, as revoltas árabes. O último e polémico xurdiu como a pólvora, despois da escenificación entre Zapatero e Rajoy para limitar por lei o teito de gasto, aldraxada a Constitución, instantaneamente apareceu un #yoquiero votar. É cho que hai.
    Publicado o 25-08-2011 no diario La Región.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...