8 jul 2011

Adiccións chinesas


Como tantos días rematei nun chino, imaxino que por fastío, aburrimento ou falta de creatividade. Para que despois apunten á China coma a responsable dos males de Occidente. Dende sempre o mundo está cheo de barrios chinos e ninguén os sinalou como responsábeis de nada. No meu caso tratábase dun bazar, que é o máis parecido a unha viaxe de low cost. Merqueille dúas cousas, sempre que entras nun chino lles mercas algo. Un rotulador para facer un bosquexo e unha goma de borrar. No primeiro trazo o rotulador, unha especie de brocha chea de pintura, manchoume ás mans e desbaratou catro ou cinco páxinas do caderno, imaxino que tamén chinés. Pódese pedir máis? A culpa non foi do chino, era un home ben simpático

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...