9 ago 2012

Sete minutos de terror #Galego


   
José Paz
  Desde o seu refuxio pontevedrés o presidente Mariano Rajoy seguiu a aterrizaxe do “Curiosity” sobre a agreste superficie de Marte coma se fose unha proba olímpica máis,medalla incluída. O éxito é da Nasa, tamén da comunidade científica internacional, de todos. Trinta e seis semanas despois, tras eses famosos sete “minutos de terror”nos que a Nasa, e o goberno de Obama contiveron a respiración, a proeza técnica evitou que o traballo de tantos científicos e enxeñeiros, incluídos españois –a estación medioambiental é española– se esnaquizara contra o chan. A nave Curiosity pousouse delicadamente sobre a horadada superficie do planeta Marte, concretamente sobre o cráter Gale. Desde este robot non tripulado, con aparencia de todoterreo futurista e avanzados sistemas de exploración, non se tardou en enviar as primeiras imaxes, aperitivo dos valiosos datos que nestes vindeiros dous anos, un ano marciano, se suministrarán e que os científicos avaliarán convenientemente.
    Rajoy e o “Curiosity” teñen vidas paralelas. Tras moitos anos de traballo técnico e científico, o robot aterrou en Marte. Coa seguridade que dá unha ampla vitoria electoral, Rajoy asumiu tamén a pilotaxe doutra nave co propósito de endereitar o rumbo, e por suposto de non esnaquizala. Por iso cando na tarde do pasado luns, o presidente, que xa se marchara de vacacións coa idea do rescate na testa e a maneira de comunicar as vantaxes deste aos españois, non daba crédito que quen estaba ao outro lado da liña era un eufórico Obama disposto a dar unha lección de pilotaxe. Media hora de conversa, para falar da fazaña do “Curiosity”, de política, e de economía, por suposto. Tempo suficiente para comentar tamén as vantaxes en política das naves non tripuladas, ou tripuladas a distancia, ben máis económicas. Cuestión ante a que a un xa balbucíante Rajoy se lle oíu dicir “colgo que se escoita fatal”. “Debe ser a liña”, respondeu Obama.

*Publicado no xornal La Región 9/08/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...