José Paz |
Creo que a diferencia do que algúns pensan, o que de
verdade hoxe necesitamos novamente son superheroes, dos de sempre, deses que
cando o maléfico se lle daba por facer o mal eles daban estopa a rabiar. Que gozada
velos actuar, eles si que sabían facer
distingos entre os homes de ben os outros, os villanos, eses que simplemente utilizan as
vantaxes que a vida lles deu para foder vilmente. Non sei cal é o voso
personaxe predilecto, eu que non teño preferencias, o único que lles pediría é que foran
pragmáticos, que non se deixaran amedrentar nin confundir polas circunstancias e menos polas mensaxes apocalípticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario