14 mar 2012

A chanza da política




    Que o presidente do Eurogrupo Jean-Claude Juncker é un tipo gracioso queda fora de toda dúbida, tan só había que mirarlle cara a faciana esoutro día ao noso ben querido e sufrido Luis De Guindos, a la sazón ministro de Economía, para comprenderlle o chiste e o sentido do humor do político luxemburgués.      Como é sabido na reunión previa do Eurogrupo estábase a debater temas ben laxos e intrascendentes para o futuro do país, xa se sabe se nos recortan o brazo polo antebrazo ou se nos deixan parte do toco á vista. Hai que quitar tensión. Lembro cando o mesmo político luxemburgués lle deu na testa cun paquete de papeis por detrás ao ministro de Finanzas grego, Evangelos Venizelos, ante o sorriso case seguro dos cidadáns gregos que día si e outro tamén veñen aplaudindo ese tipo de accións na rúa.
Non sei se foi casual ou non mais despois do congreso a presidencia do PSOE no que saíu vitorioso Rubalcaba este tamén escenificou no Congreso outra estrangulación de pega in situ, esta vez sobre Rosa Díez, a quen lle estaba a explicar , segundo el,“como se gañan os congresos”. Seguro que si, que don Alfredo estaba a pensar neso. Anteriormente na campaña xa llo fixera tamén á benquerida de Carme Chacón. 
        A política está chea de xestos inocuos e políticos graciosos, é que non fondo séntense actores. Lembro unha acción de fai moitos anos na que sendo Josep Borrell, ano 91, xa choveu, ministro de Obras Públicas lle encasquetou sobre a testa un cono de obra ao entón alcalde de Ourense Manuel Veiga Pombo, púxolle unha cara máis ou menos semellante á De Guindos. É que detrás de toda broma hai moito de humor por parte daquel que se sinte gracioso, que actúa no fondo co ánimo de ridiculizar pero non hai que esquecer que tamén existe un punto, en certa maneira de crueldade, no caso de De Guindos esta non ía sobre el, senón sobre os sufridos españois aos que a broma sobre o estado do benestar se nos está a mudar nun pesadelo no que cada día que pasa ten menos graza.


Publicado no xornal La Región 15/03/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...