29 feb 2012

Unha estación de distancia


    José Paz



    Penso que é a distancia un bo argumento para describir as persoas, o matiz necesario que orienta as nosas opinións nunha ou noutra dirección. Imaxino que é a distancia, emocional e física, a que nos leva a sinalar que certas infraestruturas son necesarias ou non segundo o lugar onde nos desenvolvamos. Imaxino que é a distancia a que pode levarnos a dicir que as obras do porto exterior da Coruña, ou as da Cidade da Cultura son un puro desatino ou un dispendio. Creo que é a distancia física e non outro argumento máis complexo o que lle leva a alguén a cualificar de falido un proxecto coma o da Estación de Montaña de Manzaneda. Esa é a razón que nos libera da presión á hora de reivindicar ou non o desenrolo dunha área tan extensa coma a do Macizo Central Ourensán, que se non son moitos os individuos que a conforman, ou interesan menos, seguro que teñen dereito a un futuro. Imaxino que é a distancia a que provoca os silencios, demoras, ou xogos da yenka por parte da administración galega ao respecto de Meisa, cando non a espantada por parte das entidades financeiras implicadas no proxecto. Mais oxalá non sexa esta, a distancia, a emocional e a física, a que nos impida chegar a un destino razoable, o mellor posible, e non ao peche da derradeira táboa de salvación para todos eses concellos que a pesar de estar nun entorno natural privilexiado, non atoparon até o de agora razóns suficientes para explotar turísticamente esa gran riqueza.
        É fácil aferrarse hoxe a cuestións de inviabilidade, de racionalidade económica para demandar a fusión entre concellos e non formula-lo argumento á inversa, que se fixo dende a administración para lograr o efecto contrario, e evitar que o modelo das fusións sexa tan envelenado coma infinito. Remato igual que comecei, penso que é a distancia, a emocional, a que nos leva a aferramos á esperanza e a esixir o futuro.

*Publicado no xornal La Región 1/03/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...