21 feb 2012

Que é o que ten a Morena?






  Hai un punto no entroido de Laza que non é comparable a nada, un argumento  invisíbel, non escrito pero que ano a ano se renova ao redor deste pequeno pobo ourensán ao pé da montaña. Non é o seu carácter rural, nin o etnográfico o que atrae a infinidade de mozos desde referentes xeográficos tan dispares, o que o converte tamén nun referente no entorno mediático ávido de narrar e documenta-lo  estraño. En realidade todo o seu atractivo resúmese nun argumento ben  sinxelo, o de bestialidade, de festa  non regrada, de catarses colectiva. O luns borralleiro ten moito de xesto primitivo, de repetición de mecánicas recollidas non se sabe onde, pero encaixan a perfección nese guión irreverente e estrambótico que se pon  en pé cada luns de entroido ao redor da praza da Picota.

                                       

    O enxebrismo, a práctica máis seguida dá pé a infinidade des escenas e que nos invitan a descubrir innumerábeis  personaxes grotescos que se perderán entre a multitude,  a baixada da Morena, acción machista a rabiar, amparada na tradición, ao igual que o lanzamento de formigas, e o que lle aporta instantes tensión ao inicio da festa, antesala do que está por vir. A entrada na praza será o momento clímax, nela se producirá a batalla incruenta que fará vibrar literalmente ao respectable, coas formigas  xa “amansadas” entre terra e vinagre como menú  degustación máis saboreado, tamén a fariña espallada a discreción mercé a unha antiga máquina de limpar o grao incidindo sobre as testas dos presentes.  E todo á hora sinalada,  entre o lusco e o fusco, que é cando se nos entrega a noite e a multitude xira sobre si mesma cal océano teimudo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...