31 ene 2012

Volven as suecas

                                       Terra de soidade, "Ensamlandet"


      Os países totalitarios evitan  que os turistas se mesturen coa poboación local, a razón é ben sinxela, para evitar o anelo e a contaminación con modelos sociopolíticos moi distintos que creen demandas aperturistas. Así aconteceu na vella España dos sesenta e setenta, a proliferación do turismo en xeral e en particularidade o dos desenrolados  países nórdicos xerou un efecto económico importante nas arcas do goberno franquista pero tamén unha ruptura social interna  nunha poboación atrasada.



                                                                                   Anna Katarina Martin
Ánxela e Vari Caramés.
Anna Katarina Martín

      Ulla Kruse, unha muller sueca que casou cun daqueles españois sentiu en carne propia o significado de entrar en contacto entre dúas culturas tan distanciadas; o resultado é obvio, incomprensión, receos, problemas de comunicación; conclusión, illamento. Moitas décadas despois, a súa filla, Anna Katarina Martín, nun traballo autobiográfico e performativo con reminiscencias cinematográficas métenos na pel de esa muller –ela a cualifica de heroína-  que aínda que sufriu aquel lóxico distanzamento e pouco tiña que ver co prototipo da icona proxectada da muller sueca. Dicía Eugenio d’Ors  que a mellor forma de narrar, de contar é a de facelo en clave biográfica, porque entre outras cuestións é a máis sentida. O traballo comisariado para a sala Alterarte da Universidade de Vigo nesta ocasión por Ánxela Caramés reproduce varias imaxes da época e outras na que a propia artista se instala neses mesmos lugares, tamén aporta nun audio conversas coa  nai e un sobrecolledor  texto, nun belicoso castelán,  se dirixe aos seus sogros. Quizais o máis interesante da mostra é o feito de sacar a luz unha problemática para nós inusual e ademais con credibilidade. 




  * Terra de soidade, de Anna K. Martin, na sala Alterte da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. Comisariado de Ánxela Caramés, até o 23 de marzo.  Estado Crítico, 10 comisarios 10 artistas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...