1 feb 2012

Ulo bilingüismo?




                                         Fálame do mar mariñeiro

      
      Todos os ministros –en especial os de Educación- son iguais, primeiro escenifican o caos, despois anuncian reformas. Que se alta porcentaxe de abandono escolar, baixa preparación, insultante paro xuvenil, para entrar a matar e liquidar a “controvertida” Educación para a Cidadanía que xa é historia, ou histeria, segundo quen a mire, esta cambiarase por outra máis acorde cos tempos, Educación Cívica e Constitucional, que xa non irritará á Igrexa, e que fará fincapé en potenciar valores cívicos e democráticos, deixando as cuestións das emocións e da sexualidade para os pais.
            A ESO do ministro Wert durará tres anos, e non catro, e o bacharelato tres, e non dous, coa obrigatoriedade de cursar o primeiro deles, os últimos serán opcionais. Hai quen ve suspicacias en pro dos concertados, haberá que demostralo. Tamén un novo Estatuto do Docente procurará que sexan os mellores os que rematen no ensino, até o de agora non? Quizás o máis substancioso estea no relativo aos idiomas, o mal chamado bilingüismo, di que se vai a inspirar en comunidades coma a nosa, nas que teoricamente xa estaría implantado. Imaxino que con bo tino o noso ben querido conselleiro don Xesús Vázquez lle apuntará que unha reforma semellante implica moitos cartos, incorporar novos mestres que saiban inglés para impartir a docencia en xeral, e a reconversión dos mestres actuais, algo que nos centros públicos levaría uns trinta anos, vamos da noite para a mañá. Quizais mentres o pensan sería máis práctico comezar pola non dobraxe das series e películas coma se fai en países próximos, incluso en países non desenrolados, no que o nivel de idiomas é mellor. Pero como o anunciado non é máis ca un desexo, unha carta aos reis magos, soportaremos os nervios. O vindeiro 31 de marzo, data na que se aprobarán os presupostos, coñeceremos a data para o inglés. Do you understand?

                                    José Paz


   *Publicado no xornal La Región o 2/01/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...