25 ene 2012

Unha de piratas



                       José Paz

     Quizás Pete Towshend non andaba tan descamiñado cando anunciou publicamente o seu desexo de emascular a Steve Jobs. Ao mítico músico, Apple -léase Itunes- lle chirríaba un rato. Razóns, un gran negocio que reverte na música tan só unha ínfima parte do que gaña, os royaltis e pouco máis, das etapas de formación, descubrimento, tutela, financiamento ou mercadotecnia nin sabe nin contesta. Iso si, todo legal, faltaría máis.
    A detención de Kim Smitz, máximo responsable de Megaupload, evidenciou que é a cobiza a que segue a mover os fíos deste mundo. Antes os piratas eran seres zafios, farrapeiros e rudos que transitaban polo Caribe na procura de galeóns cargados de ouro, hoxe os piratas somos todos nós, pais de familia, avós ou adolescentes esperanzados co mundo, cos ordenadores ateigados de mercadoría roubada, e non o digo eu, foi o que argumentou na súa defensa este enxeñeiro teutón de aire sinistro e vida suntuosa trala detención, eles, os de Megaupload, tan só poñen a nosa disposición os barcos.
    A sedución por determinados produtos tecnolóxicos está a facernos reféns dunha industria megalómana e lucrativa, enchendo de cadáveres o camiño. Paradoxal que che creen a necesidade de ler libro nun lector electrónico cando non lees libros. Hoxe o becerro dourado é un modelo de vida irreal e transversal, que non crea cultura, trafica, a  golpe de click, e a custe cero, agás o aparello e a liña ADSL. A cultura, de calidade ou non, non vale nada, nace, medra e flúe coma se fose un maná a través dos aparellos. Até cando? E por que a cultura e non as finanzas, a enerxía, ou a alimentación? Non sería máis xusto instaurar o troco? “Cambio relato breve por asistencia letrada”. É obvio que debemos reinventarnos, que nos atopamos nun deserto sen auga e no medio dunha revolución, pero convén normalizar e dar un marco legal correcto á situación creada, para que podamos vivir todos, non só o gordecho de Megaupload.

    * Publicado no xornal La Región o 26/01/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...