11 ene 2012

Ouro dourado


       Imaxino que o ouro é un sistema de medila cobiza. Fai un tempo os turistas que se dirixían ao norte de África levaban con eles obxectos dourados porque sabían que estes, á hora de establecer un troco, eran os máis apreciados entre os comerciantes locais. A mediados do século dezanove a californiana localidade de San Francisco converteuse nunha gran cidade a mercé dos centos de miles de aventureiros que se deixaron seducir pola chamada do ouro, os rumores de que alguén se fixera rico circularon á velocidade da luz a miles de quilómetros de distancia provocando unha avalancha de persoal disposta a batear noite e día os leitos dos ríos. A chamada do dourado tamén provocou a tolemia nos primeiros colonizadores españois que se achegaron a América, exploradores coma Francisco de Orellana ou Gonzalo de Pizarro se penetraron no interior dos Andes colombianos con intencións tan escuras como claras as accións en favor da coroa española da raíña Isabel a Católica. Navíos cargados de ouro financiaron o esplendor español polo mundo, moitos deles tamén descubriron a cobiza dos piratas.
        A febre do ouro tamén guiou os pasos dos romanos en tempos do emperador Trajano no século II por terras ourensáns, a sorprendente enxeñería aplicada no Sil en Montefurado por terras ruesas, ou nas Médulas leonesas, dan fe do que significaron estas expedicións.
Dun tempo a esta parte a febre do ouro regresou con folgos renovados, onde antes había unha panadería, un comercio de froitas, unha tenda de calzados que durante moito tempo lle deron alegría ás rúas agora se nos presentan uns rechamantes espazos pintados de amarelo dispostos a mercar ao peso todo aquelo que teña kilates, igual dá que no seu día fose un regalo entre noivos, amantes, ou os vellos implantes dentais do avó xa falecido. O bo de todo esto é que dos estados febrís, se non morres, pasan.

     Publicado no xornal La Región o 12/01/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...