![]() |
Ruth Matilda en Oseira |
Non por sabida a historia é menos
impresionante, ano 1924 unha mestre de
Nebraska, Ruth Matilda Anderson, en compañia
do seu pai alfred Anderson desembarca no porto de vigo ateigada de paquetes
ante a mirada incrédula dos operarios de aduana que non tiñan ni idea de cómo facturar tamaño dispendio. Padre e filla viñan por encargo da Hispanic Society of
America, fundada anos atrás polo filántropo Acher Milton Huntington, un enamorado do país
e da nosa cultura, coa encomenda de fotografar aqueles escenarios que a duras
penas se subiran ao carro da revolución industrial, Galicia estaba ateigado
deles. En coches de de aluguer ou de líña, a cabalo, en tren, acometeron unha
tarefa preñada de espírito romántico e etnográfico
e da que non desperdiciaron un instante
para documentar unha primeira viaxe que os levou dende o 7 de agosto de 1924 até
o 28 de agosto de 1925. Na segunda viaxe,
dende o 14 de novembro de 1925 até o 31 de maio de 1926, Ruth Matilda
viría acompañada doutra fotógrafa, Frances spalding.
Tantos anos despois segue a sorprender o rigor
documental, a dignidade coa que trata aos fotografados, a meticulosidade e a calidade dun oficio que a norteamericana tratou
de superar día a día segundo o executaba, documentando o que pasaba polo seu
obxectivo antes e despois do momento no que tiña lugar e cunha constancia difícil
de seguir polos que a acompañaron ; o feito de saber castelán xunto coa
curiosidade e bo tino a hora de buscar temas e atopar informantes lle axudou especialmente.
A exposición,” Unha mirada de antano”, remata
hoxe o seu periplo por Ourense tras un exitoso deambular por distintas
cidades galegas. Non é de estrañar o
éxito da mostra, penso que o que nos debe facer pensar é que grazas a labor dun
filántropo e dunha sociedade norteamericana hoxe saibamos un pouco máis de nós
mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario