![]() |
"Místico", de Isaac Díaz Pardo |
Non morreu a véspera
de reis, o mentor de Sargadelos, o da tradición reformulada en modernidade, ou ao revés, xa estaba morto, facía tempo que se convertera nun morto en vida, un home “a mercé do vento”, e non
só o da especulación; a idade énchenos de máis contradicións das que quixeramos albergar.
Imaxino que si, que a cultura sirve
para algo máis que para replicar panexíricos
profesionais aos pés dos cadaleitos, tópicos
entusiastas que se retroalimentan entre si. Quixera pensar que tamén, que Galicia existe e
non é un espellismo máis, aínda que tan só sexa porque nesta terra viviron homes coma Isaac Díaz Pardo (1920-2012) capaces de darlle
formas as ideas e sentido ao país.
“Conservador libertario”, republicano de pro, socialista, a Díaz Pardo matáronmo os desgustos destes tempos convulsos que
estamos a vivir, os mesmos que matan cada día a cultura e ao país. Penso na
dureza de asumir a derrota, outra máis, e seguir co oficio de resistencia en pro dunha
idea dun país que xa non era o teu, porque este renunciou a selo. É obvio que o mercantilismo
e a especulación se apropian de todo, inclusive do galeguismo, que non pasa de ser outra cousa cun palabro
na procura de adeptos. Galicia deixou de ser, morreu á vez co derradeiro
entusiasta capaz de artellar ideas, empresas e utopía necesaria arredor do legado das vellas iconas patrias. Tan só queda un paripé de país a mercé do vento e da ridiculez da vella linaxe replicante
No hay comentarios:
Publicar un comentario