As
veces teño a impresión de que Internet é a realidade o que as presas á vida
tranquila. Non creo que o estado case líquido que estamos a vivir teña algo que ver coa tecnoloxía, aínda que esta acelere os seus efectos, cando o
que se trataba non era de corrixilos? Alomenos eso se dicía. Hoxe a realidade síntese acosada pola urxencia
dun modelo de vida no que os mercados campan e flúen á velocidade da luz gracias
á tecnoloxía e as redes. A política é unha víctima máis de este sen vivir, no
momento que se decide actuar as novas xa medraron. O que peor levo e cando te pos diante do
ordenador e en vez de relaxarte un pouco, algo imposible xa que estes aparellos
a min me excitan máis que unha Coca-Cola, e comezas ti tamén a esixirlle novas.
É claro, as novas son monotemáticas.
10 nov 2011
9 nov 2011
Quen nos roubou o sorriso?
Un país sen sorrisos é coma un
neno sen soños. Na foto fixa deste país fai moito tempo que se
perdeu o sorriso. Se hoxe recuperáramos a imaxe de non fai máis de
cinco anos atopariamos un país bulicioso, case arrogante. Vivíanse
momentos de frenesí e clímax. O “apalancamento” financeiro
convertérase na relixión con máis adeptos. Os economistas falaban
tan frecuentemente de opas coma de saques de banda nun partido de
fútbol. Nun lustro a construcción ergueu o que, con sentido común,
se faría en varias décadas. Pero non só lle pasou á construcción,
á automoción, o consumo en xeral atopábase literalmente fervendo.
Nos medios pululaban desafiantes homes de negocios que ostentaban
máis glamour e divismo que o mesmo Ronaldo, competindo en mansións
e metros de iate. A economía patria pronto se lles quedou chica e
se lanzaron á conquista de París, Berlín ou o que fora, a forza de
endebedamento e deixar perplexa a media Europa. O problema da
arrogancia, do éxito fácil, das mecánicas especulativas, ao marxe
de ter os días contados, é que se alimenta de fume e de
complicidade necesaria, e se nutre de inocentes para estender así o
contaxio.
De repetir a imaxe,
decatariámonos de que moitos daqueles homes de negocios xa non
están na palestra, e se o están, xa non sorrín. Algúns, como
moitos españois, emigraron, lóxico e desexable nunha economía
globalizada, outros malvenderon as súas empresas, ou literalmente se
arruinaron, porque a diferencia da banca, os riscos e os erros foron
exclusivamente seus. Ningunha administración, político, economista,
ou axencia de rating tivo a tentación de profetizar o desenlace, e
menos tomar certas precaucións, porque a situación era tan
perfecta como excitante: o país de “Juan sin Miedo” era o casino
feliz. O inxusto é que a ti, coma á inmensa maioría, que non
pediches fogos de artificio, agora che estralen na man.
8 nov 2011
Historias de café. Café con Música
A mestría coa que algúns reparten a marmelada
e cortan a tostada e digna de admiración
e estudio. Non menos que ese inquietante tintinar cando toca remover o azucre.
3 nov 2011
Stanley Jordan en el Café Latino
Para conmemorar su veinticinco aniversario
como local de jazz, el Café Latino de Ourense nos ha deleitado esta noche con una propuesta
de esas de degustar a pequeños sorbos. Stanley Jordan, el músico elegido, es un artista que ha sabido conjugar una técnica
superlativa con una particular fórmula de tocar la guitarra. Su música adquiere
una belleza increíble incluso cuando aporrea el mástil de su guitarra. Es capaz
de obtener melodías fantásticas incluso cuando toca con una sola mano, o mano a
mano cuando la combina con el piano. El hecho de actuar solo sobre es escenario
le multiplica al margen de garantizar en
él todas las miradas. En algunos momentos, no muchos, puede que el discurso
suene repetitivo, pero bastante menos que el de otros guitarristas de jazz.
Quizás lo más curioso es la sensación de verlo transitar de los discursos de
corte más clásicos al pop, pasando por
las instrumentaciones latinas o brasileiras. "Copacabana", "Eleanor Rigby", "Autumn Leaves", "Stairway to Heaven". En fin, una delicia como solista,
un placer de Café Latino.
2 nov 2011
Oficio de Vivir
Na sinxeleza, na sensibilidade e na capacidade de gozar das pequenas cousas penso que se atopan as solucións dalgúns dos nosos problemas. Xa é hora de reivindicar a vida, ao redor de nós hai accións cuxa execución tan só demandan tempo e saúde.
Esoutro día – e non é a primeira vez- contra o solpor da tarde marcada pola outonía e a choiva tiven a sorte de gozar dunha viaxe –que non fuxida- tan real como imaxinaria, da que custa desprenderse. Todo un privilexio o de camiñar polo bosque guiado pola luz decadente e acompañado da melancolía, un estado que os galegos patentaremos algún día. As tardes de aldea nestas datas son o que teñen, non fai falla esforzarse demasiado para sentir sentirse en plenitude. O feito de camiñar baixo as congostras incrementa as lembranzas e quizais, a necesidade de fabulación. Que fantástico e telúrico argumento o de deixar que a choiva ao caer exerza sobre ti de improvisado metrónomo, o de sentir a humidade nos pés ao avanzar por vetustos camiños de auga, nos que non fai tanto avanzaban paseniño uns carros de vacas tan ateigados de penuria como sobrados de sinceridade. É máis, se lle afinas o oído aínda se escoitan ao lonxe. A partitura póñena uns muros de pedra erguidos a pulso por homes recios e pel curtida. A musicalidade, a dos carballos e os castaños coase milenarios que con tanta xenerosidade nutren o outono. Non fai falta luz, chega a mínima para guiarse entre estreitos carreiros que che regalan o cheiro da terra mollada, e a posibilidade de, dende a frondosidade dunhas árbores medradas no libre albedrío, escrutar as luces dos pobos que se perciben no horizonte, diminutos puntos luminosos cuxa nula visibilidade e a bruma lle aportan máis misterio. Case a escuras, a proximidade dos ladridos cánidos e o indescritible cheiro a fume de leña sinalan que a viaxe vai preto do destino. Que toca regresar, máis non esquecer a melodía.
Publicado no Xornal La Región 3/11/2011
26 oct 2011
A Cidade e a Cultura.
A obra de Peter Eisenman lémbrame á dun escultor que admiro, Jorge Oteiza; no bo, ámbolos dous exquisitos na esencia; e no malo, mentres as pezas do vasco se perden ao proxectalas no espazo, as maquetas do norteamericano, viscerais e luminosas, mudan en ousado a quen intente promovelas. Non por sabido, o feito de que o conselleiro Roberto Varela oficializara que os dous edificios que faltan por completar na Cidade da Cultura pasan ao caixón dos tempos á espera de que o temporal amaine, causou menor sorpresa.
Mentres no país a cultura está en folga, non por non querer, senón porque a creación converteuse nunha utopía, e os que están, industrias culturais (xornais, libros, teatro, música, artistas, galerías) están agonizando porque o consumo patexa, algúns pensaron que o Gaiás sería o cumio dos galegos, o faro de Alexandría que nos proxectara ao mundo e enchera o país de turistas. O cumio si, pola factura inabarcable que rematará coa cultura patria, e dilúa de paso a outrora admirable rede expositiva existente. Estou seguro que se ao expresidente Manuel Fraga lle deixaran retrotraer no tempo un desexo, ao marxe da eterna xuventude, hoxe liberaría ao pais deste cáliz con forma de vieira. A idea da Cidade da Cultura naceu a destempo e falta de definición, efecto contaxio do exitoso Museo Guggenheim de Bilbao, privado e amparado nunha fundación, un millón de visitas ao ano a 20 euros a entrada; O Gaiás, de balde. Os tempos mudaron, o efecto Guggenheim permanece, non só polo edificio de Gehry, senón polas magníficas exposicións (moitas da súa colección). Aínda que vivisemos nunha economía tipo Abu Dhabi semellante dispendio non tería lóxica. Ninguén vai ter a ousadía de descualificar unha arquitectura de feito sublime, pero si o desacertado (por diluído, indefinido e megalómano) do proxecto, máis cando a cultura patria adoece de nutrientes. Galicia non necesita proxectar máis continentes, senón aglutinar contidos.
*Publicado no xornal La Región 27/10/2011
24 oct 2011
Os montes que non apaga a choiva
Pensar que as choivas desta noite remataron
coa bágoa de lumes da que fomos víctimas é tan estúpido como crer que a caste política,
torpe e ruín, mude en algo serio. Se eu fose político no iría detrás dunha pancarta, actuaría e non
faría demagoxia; a oposición desnortada cometeu os mesmos erros que lle
criticaron outrora a Alberto Núñez Feijóo cando botou man desa ridícula
mangueira rodeado de xornalistas, que non é o mesmo que facelo a desesperada como
lle aconteceu estes días a moitos galegos que viron en perigar as súas pertenzas.
O monte é máis serio que a ingratitude que estamos a demostrar con el, necesítanse
políticas axeitadas – entre elas facer cumprir as leis vixentes- que o afasten
dos que lle están a facer tanto mal. Hai temas de país, o lume ten que ser un
deles, sobre o que os políticos deben facer piña e non rapina. A industria do
lume é unha maquinaria perversa disposta a monopolizar o monte no seu beneficio.
Non fai nin un mes que Samuel Juárez, o conselleiro de Medio Rural, saíu a
palestra orgulloso das cifras diste ano, non era consciente do que se lle viña
enriba; antes lle pasou a outros. Detrás do lume hai xente interesada en acender
a chama e que salten as alarmas, tan só hai que agardar polo momento fatídico.
Nesta ocasión, como era previsible, se daba a campaña por rematada cando se
cruzou o maligno. Un outubro como se fose agosto, as brigadas desmontadas,
finalizacións de contratos, a seca persistente, o Presidente en Arxentina de
campaña, o Superdelegado no Bernabeu... Unha desfeita
Os propios medios son víctimas da perversidade
dalgúns. Equilibrar información do lume é complexa, a sobreinformación é algo
que transcende, o acicate perfecto que alimenta nalgúns o afán de atentar
contra o monte, e non todos persoas illadas ou tolos. O debate nos medios está
entre o interese da Administración por non alarmar e minimizar os feitos, algo razoable
en moitos casos, e o doutras “fontes” dispostas ao contrario. O
monte así non se apaga, aínda que chova.
22 oct 2011
Ninguén falou de xustiza
Libia está tan cerca de nós que hoxe debémonos
tapar á vez o nariz e os ollos. Toda historia aínda que sexa triste garda unha mensaxe,
e a que se traslada do acontecido nese histórico escenario remítenos aos tempos
das cavernas. Axustizar a un ser humano, aínda que fora o demo, aínda que fora
no medio dun conflicto, convértenos no mesmo que del rexeitábamos. O agravante nesta
ocasión e que todo isto estaba avalado pola OTAN, lease todos nós, e foi ela
quen sinalou á víctima e a dirección da fuxida. A argumentación de que descoñecían que entre o convoi que estaban a disparar
se atopaba o tirano é surrealista. Todo o que está sucedendo en Libia cheira
moi mal, da crueldade vomitada nestes meses que durou a refrega non pode saír
un goberno democrático, cuestión que tampouco nos vai a quitar o sono. A trivialidade
dos medios coa sangue do tirano, a difusión na rede o axustizamento estanos a
trasladar unha mensaxe lapidaria e insoportábel, a humanidade estase a mudar nunha animalada.
21 oct 2011
No pedirán perdón
Nunca he podido olvidar aquella fría y brumosa mañana de octubre. Camino del colegio La
Salle de Eibar me topé de bruces con la muerte a tiros de una
persona que conocía. Era Carlos, Carlos García Fernández, de profesión
estanquero. Un tipo ya mayor y orondo, de bigote recortado y respirar asmático, mi relación
con él consistía en el sellado de la quiniela de fútbol. Lo mataron dentro de
su estanco aquel 7 de octubre de 1980, un año siniestro donde los haya en el
que lo más normal en el paisaje camino de los pupitres era verte rodeado de
metralletas sujetas por hombres temblorosos. Rara era la semana en la que no asesinaban a alguién, a veces a más. A Carlos no le lloró nadie, salvo
su familia, y de puertas adentro. En el resto de la gente del barrio lo que se
respiraba era un silencio temeroso instigado por la ley de supervivencia, la
misma ley que ha imperado durante todos estos años. De él se dijo, se dejó correr el rumor, de que era un
chivato.
Muchos años después, un 11 de julio de
1997, un hijo de emigrantes como yo, Miguel Ángel Blanco, fue secuestrado
cuando dejaba el tren de cercanías que une dos pueblos prácticamente unidos
entre sí, Eibar y Ermua. En su trazado diario camino del trabajo Miguel Ángel
había pasado justamente por debajo del estanco donde fue asesinado años atrás Carlos
García. A Miguel Ángel le asesinaron al día siguiente, los asesinos
impertérritos ante un país que desde la calle pedía clemencia acometieron su
particular modo de entender la justicia. Todos estábamos rotos y
apesadumbrados, pero la vida continúa y mientras en Ermua, el pueblo de Miguel Ángel,
poblado en un porcentaje amplísimo por emigrantes gallegos y extremeños, en mi
barrio, Amaña, un espacio robado al monte y poblado también por emigrantes del
mismo pelaje, estaba de fiestas. Aquellos instantes de impotencia a un servidor
le pillaron en compañía de sus amigos de infancia entre cañas y escaso ánimo
festivo. Esa misma tarde, instantes después de la muerte de Miguel Ángel,
mientras su pueblo natal era un velatorio, por delante del bar donde nos
encontrábamos discurría una marcha de familiares y presos de ETA que a su paso
algunos desde el interior respondieron con un solemne “Gora ETA”.
No, que nadie se engañe, no van a pedir
perdón, quienes se han obnubilado con semejante discurso de corte fascistoide y
separatista en el que las razones se imponen sí o sí, no van a cambiar,
simplemente el tiempo, la presión de los presos, sus familias, el acoso de la
justicia, el policial y el judicial han hecho mella en la decisión de finalizar
un periodo tan estúpido como absurdo, algo increíble dentro de una sociedad próspera
y suficientemente culta a la que muchos queremos y a la que espero regresar en no demasiado tiempo. En la memoria y en la historia quedan muchas muescas, 859 víctimas
inocentes que fueron carne de cañón y cuyo dolor persiste y persistirá, pero
conviene pasar página y afrontar el futuro. Es un momento histórico para la
democracia, así lo apuntó ayer, Mariano Rajoy, quien se tendrá que enfrentar al
grueso del proceso de negociación. Un momento histórico por muchas razones,
sobre todo porque a partir de ahora el debate será única y exclusivamente
político.
20 oct 2011
A emprender toca...
Hoxe,
Día do emprendedor, dentro dunhas xornadas promovidas pola Xunta, tiven a sorte
de escoitar a un mozo asturiano, Alfonso Gutiérrez, que nunha conferencia dirixida
a mozos estudiantes iniciou con un solemne: Esperta! A súa linguaxe, chea de tópicos
sobre a denostada crise semellaba máis un manual de autoaxuda, pero eso é o que
necesitamos: axuda. “Estámonos amargando a vida”, así, en primeira persoa do
plural, porque todos somos parte dun medo contaxioso que fai mella no estado de
ánimo colectivo. Os medios, e o efecto repetitivo que se exerce sobre os temas,
realimentan esta sensación, e nalgúns casos determinadas informacións o que fan
é encadear moitas outras que a súa vez inciden en agudizar os problemas. Ao final, como sinalaba Alfonso o problema está en que “saímos deprimidos da casa”.
A conferencia foi a dúas mans co humorista Rober
Bodegas que retivo ao respectable a base de chistes, que se non a axudan a
emprender, alomenos liberan o estrés. Ao remate da intervención saltou a
palestra o conselleiro de Economía Javier Guerra para anunciar as axudas e
animar aos mozos neso do autoemprego. Ese foi o instante no que a mocidade decidiu emprender...a fuxida.
Ouro amarelo
Dende fai un tempo teño sinto unha sensación
estraña, case desesperada, que se non fora porque é real mandaríaa ao carallo. Non
son moi de tendas mais gusto de ollar para aqueles escaparates que seducen, que
iluminan a mirada. Os bos comercios regálannos envoltorios cheos de fantasía
cuxas obras son vasos comunicantes da propia arte. Incluso os pequenos
comercios que non poden chegar a ambiciosos montaxes, sempre teñen un discreto
toque de inocencia que non deixa de ter gracia.
Esta
mañá ao pasar pola panadería de sempre que pechou fai pouco atopei ese cartel
insolente que vexo repetido en todas as esquinas: “Compro oro”. A panadería aínda
conserva o antigo pero na porta de entrada xa estaba colocado o outro nun rechamante
amarelo. Pero tanto ouro hai para vender, ou é que estamos a recuperar o dos
romanos?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Envolturas de silencio
E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...
-
Iconos Imagen: Jeff Koons y Cicciolina, "Ponies", 1991 Autor: Jeff Koons Jeff Koons y Cicciolina Jeff Koons J e...
-
De Moda Patricia Argüelles, 30 años, músico. E l corazón de Patricia Argüelles respira aquí pero si...






