2 nov 2011
Oficio de Vivir
Na sinxeleza, na sensibilidade e na capacidade de gozar das pequenas cousas penso que se atopan as solucións dalgúns dos nosos problemas. Xa é hora de reivindicar a vida, ao redor de nós hai accións cuxa execución tan só demandan tempo e saúde.
Esoutro día – e non é a primeira vez- contra o solpor da tarde marcada pola outonía e a choiva tiven a sorte de gozar dunha viaxe –que non fuxida- tan real como imaxinaria, da que custa desprenderse. Todo un privilexio o de camiñar polo bosque guiado pola luz decadente e acompañado da melancolía, un estado que os galegos patentaremos algún día. As tardes de aldea nestas datas son o que teñen, non fai falla esforzarse demasiado para sentir sentirse en plenitude. O feito de camiñar baixo as congostras incrementa as lembranzas e quizais, a necesidade de fabulación. Que fantástico e telúrico argumento o de deixar que a choiva ao caer exerza sobre ti de improvisado metrónomo, o de sentir a humidade nos pés ao avanzar por vetustos camiños de auga, nos que non fai tanto avanzaban paseniño uns carros de vacas tan ateigados de penuria como sobrados de sinceridade. É máis, se lle afinas o oído aínda se escoitan ao lonxe. A partitura póñena uns muros de pedra erguidos a pulso por homes recios e pel curtida. A musicalidade, a dos carballos e os castaños coase milenarios que con tanta xenerosidade nutren o outono. Non fai falta luz, chega a mínima para guiarse entre estreitos carreiros que che regalan o cheiro da terra mollada, e a posibilidade de, dende a frondosidade dunhas árbores medradas no libre albedrío, escrutar as luces dos pobos que se perciben no horizonte, diminutos puntos luminosos cuxa nula visibilidade e a bruma lle aportan máis misterio. Case a escuras, a proximidade dos ladridos cánidos e o indescritible cheiro a fume de leña sinalan que a viaxe vai preto do destino. Que toca regresar, máis non esquecer a melodía.
Publicado no Xornal La Región 3/11/2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Envolturas de silencio
E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...

-
Iconos Imagen: Jeff Koons y Cicciolina, "Ponies", 1991 Autor: Jeff Koons Jeff Koons y Cicciolina Jeff Koons J e...
-
Iconos Foto : Diane Webber, 1956 Autor : Peter Gowland Foto : Diane Webber A Diane webber (Los Á...
No hay comentarios:
Publicar un comentario