2 sept 2012

A quen non lle gusta que o chamen guapo? María Mera # Moda


 De Moda
  María Mera, 26 años, actriz

José Paz







 Hai verdades a medias e mentiras bárbaras. Feijóo non mintía cando dixo que quedara con ela, con María Mera, Boqueixón (A Coruña, 1986), unha moza loira, alta e moi delgada, naquel acto con militantes que non era, no que saiu escaldado, traicionado polo subsconsciente, anunciando unha cita que non era, ou si que o era pero non tanto. Feijóo non dicía a verdade, pero tampouco mintía, en realidade o que facía era unha declaración de intencións en voz alta, como tantas veces, ou así o ve servidor. Non hai nada como apostar pola política-ficción. Feijóo saíu da polémica como poido, a rastras, déronlle por todos os lados, e María -que agardo disculpe a miña ousadía- alucinou un chisco. Outro moscoso máis -pensaría ela- lanzando piropos en público e co megáfono na man, perdón micrófono.
    A estas alturas, a moza está máis que afeita a que a piropeen, a que asubíen, e a chamen guapa pola rúa. Que se non corresponde, ou resulta machista, un xa escoitou cousas máis grosas e doentes, e non pasa nada. A súa fermosura é unha evidencia, unha verdade prístina contra a que no se pode, nin debe loitar. Durante parte da sesión que realizamos en Compostela os piropos foron o soniquete de fondo, a música melodiosa, e nós impávidos, así, traballando coma si nada. A quen non lle gusta que lle chamen guapo?

*Publicado na Revista 2/09/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...