30 ago 2012

Xogando co lume # Gaelgo

José Paz

  En Fahrenheit 451, Ray Bradbury, ergueu unha horripilante trama para describir o futuro. Bradbury amaba tanto os libros que temía perdelos, ou o que sería peor, velos destruídos, como pasou coa biblioteca de Alexandría, queimada e arrasada. O protagonista da novela, Montang, un bombeiro cuxa misión non era a de sufocar incendios senón a de provocalos, queimaba libros por encargo gobernamental. Nese país de ficción estaba prohibido ler porque eso lles obrigaría a pensar, e o feito de pensar lles impediría ser felices, e o goberno non desexaba que os seus concidadáns foran infelices. Por sorte, Montang mudou de actitude. Para que ler diría Bradbury, si existía a televisión, que cinismo o diste home! Fahrenheit 451 é unha novela premonitoria, a tele de entonces hoxe sería a rede.
    Dicir que a algúns membros diste goberno lles molesta a cultura sería, ao marxe de inxusto, unha esaxeración, aínda que por momentos –suba do IVE– insistan no contrario. A felicidade é un logro persoal, a simpleza non. Nesa caixa de resonancia incontrolábel que é a rede escoitamos declaracións“asombrosas” de políticos de posibles que semellan vivir nun Fahrenheit 451 actual, que é a temperatura á que arden os libros. Na casa destes prohomes fai tempo que arderon todos, e non os botaron en falta. Nin hoxe nin onte a cultura necesita grandes axudas, tampouco inimigos “declarados”. Desde sempre –algúns políticos sábeno– a industria cultural demostrou ser coraxuda, espartana, a quilómetros do luxo. Pero hoxe o goberno vai camiño de ser a luz escura da cultura, do idioma, o oxímoro da vida. A decisión de subir o IVE é un xenocidio á intelixencia, unha medida contraproducente que tralos recortes xa vividos nun sector agonizante será o acabouse. A cultura é un dereito, unha necesidade vital que o Estado debe amparar, protexer como ave en extinción e non o contrario.Un incendio non se apaga con queroseno por moito que o intentes.

*Publicado no xornal La Región 30/08/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...