![]() |
José Paz |
Rajoy tamén estaba de días, ao diste ano en Pontevedra non se lle pode chamar doutro xeito, ademais coa oposición sempre tirando do rabo. Pena de país, que tempos aqueles de veraneos bronceados de Aznar ou de Zapatero, éramos outros. Agora nin puro en público con palmadiñas nas costas, nin touros, nin festas da Peregrina. Tampouco se toma un respiro Feijoo, aínda que estea oculto, salvo cando acudiu por Valdeorras para ver os restos calcinados dese Santigoso sempre activo. E non con aquel ridículo anaco de mangueira antesala dos recortes por vir, senón para dar o “pésame” pola pira montada e desmontar de paso a liorta deseñada pola oposición tocapelotas insistente en falar coma sempre de falta de coordinación, externalización de operativos e outras vainas. É que este país arde, sempre arde, e non polo lume, é que nos gusta queimalo.
*Publicado en La Región 16/08/2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario