![]() |
José Paz |
Seguro que ao señor bispo de San Sebastián, José Ignacio Munilla, non lle
faltaba razón cando na homilía do día de San Ignacio, patrón de Guipúscoa,
aconsellou aos cidadáns, fieis ou non, a doar unha paga extra a Cáritas. O prelado
relaciona a actual crise económica coa perda de valores cristiás, co feito de posicionar
o ter por riba do ser. Segundo o bispo Munilla, a crise económica é un “un
pecado do que todos somos cómplices”, as institucións por gastar un diñeiro que
non tiñan, endebedarse e comprometer as
xeracións futuras; as entidades financeiras por sustentar uns escandalosos
beneficios anuais sobre uns cimentos económicos irreais, e insostíbeis, ademais
da inmoralidade coa que se blindaron e se blindan os consellos de administración;
da súa crítica tampouco se libran os cidadáns que mercaron o que non
necesitaban cun diñeiro que non tiñan. O argumento máis saboroso quizais foi o
relativo ao fraude fiscal, “polo feito de que sisar a facenda parecía estar por
riba do campo moral”.
O prelado Munilla é un tipo singular, cuxas homilías están sempre ligadas á
actualidade, se a deste ano está ligada á crise económica, a do ano pasado foi
a necesidade do perdón etarra, ou a da educación fai dous anos. A solución de
Munilla contra todos estes excesos no difire da que nos aconsella a protestante
Merkel ou o católico Rajoy. Conectados coa divindade? Para Munilla a
austeridade e o aforro son unha premisa necesaria, o acto de contrición que nos
devolva a humildade.É que a relixión é a táboa de salvación incluso para os non
crentes, a primeira intervención pública de Zapatero trala súa marcha foi co
Cardenal Antonio Cañizares; igual que a única “exhibición” vitoriosa do
presidente Rajoy foi ante o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, trala “aparición”
do Códice. Quizás en Santiago, e nos misterios da catedral por onde transitou
durante tantos anos o electricista-custodio se atope a solución para
soliviantar tanta miseria acumulada nestes anos de podedumbre.
* Publicado no xornal La Región 2/08/2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario