12 ago 2012

O noso home do teatro. Fernando Dacosta #Moda


De moda
Fernando Dacosta, actor


José Paz










Dicía Oscar Wilde que “a terra é un teatro, pero ten un reparto deplorable”. A atemporalidade da expresión serve tamén para tempos escasamente poéticos. Porque un arte coma o do teatro que leva en pé máis de tres mil anos non pode desaparecer, é máis necesario ca nunca, porque nos vai na pel, o "único lugar onde a humanidade se enfronta a si mesma", Arthur Miller dixit. Seguro que Fernando Dacosta tamén o ve así; el  é o noso home, ourensán do 69, o home que se deixa a pel e a vida na pelexa cos escenarios e o público, alguén que sempre tivo claro como se fan as cousas, que primeiro hai que fidelizar aos espectadores para garantir os resultados e non ao revés. Un home sensato, cos pes na terra e o escenario na testa, un actor que soubo arrouparse detrás dun grupo de xente admirable e que reman cara unha mesma dirección, que como todos sabemos é algo loable, cantas veces nun equipo de xente ocorre o contrario. Os celos, as miserias, os egos fan moito dano.
Con Fernando Dacosta busco unha sesión especial, unha personaxe do seu perfil necesita unha atmosfera que o acompañe que non pode ser outra ca que se respira nun escenario no que se interpretaron milleiros de personaxes, que reviviron tantas veces como foron acompañados por un público necesitado de historias. Viste a súa indumentaria de sempre, o seu chapeu inconfundible, o seu aire de home concentrado e a barba de varios días. Na sesión non hai máis papel, el mesmo, nos arredores dun escenario tan familiar como a súa propia casa, ou é ao revés?

* Publicado en La Revista 12/08/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...