26 ago 2012

Déborah Vukusic # Moda


De Moda

Débora Vukusic, 33 anos, actriz e poeta


Metade galega, metade croata; metade poeta, metade actriz... que fácil construír unha identidade allea, erguer un fío e camiñar a través dunhas biografías trenzadas de antemán. Dicía Eugenio Dor´s que a arte de verdade, a que non minte, é a construída a partir de matices biográficos. Seguro que Déborah Vukusic comparte esa verdade. A actriz ourensá residente en Vigo, “como ten que ser”, desprende unha personalidade forte, deixase ver, arrastra moita vida tralos pés, detrás deses enigmáticos e remarcados ollos escuros se esconde un volcán capaz de cuspir lava pola boca, pero tamén capaz de destilar alegría. Hoxe gasta unha xovialidade contaxiosa, inquieta e moi sonora.
   Todos somos reféns dunha biografía, para o bo e para o malo, moitos somos quen de exorcizala cando nos peta, e tampouco hai que dar demasiadas explicacións. Se falamos de poesía, o mellor é instalarse na ambigüidade para que cada quen arrime cada peza ao seu interese. “Guerra de identidade” é o primeiro e exitoso poemario de Déborah Vukusic, fala diso, da súas visións sobre un conflicto que tivo lugar moi preto de nós e que a ela lle tocou aínda máis.
   A sesión foi moi divertida, ou eso creo. Descubro en Déborah a unha moza con moita expresividade, capaz de dar vida a moitas personaxes á vez; a primeira versión é a máis cañera, moi punkie advirte ela, coa que seguro se identifica, para continuar cunha segunda, máis feminina e calmada. E podía seguir así até o infinito, Déborah está chea de recursos...



José Paz












*Publicado na Revista 26/08/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...