23 ago 2012

Amigos para isto #Galego

En columna

A Feijóo o adianto electoral de Patxi López pillouno coa toalla na cesta, entre a crema solar e as gafas de mergullar. Sen ritmo e con restos de area entre os dedos dos pés, despois dun verán de cartón pedra. Agora tócalle falar, dicir está boca é miña, en non facer o mudo ou balbucir como tantas veces. É como se tralas novas recibidas desde Euskadi Feijóo, o Presidente, quedase reo de si mesmo e non lle tocase outra que responder ao rescate en forma de data electoral. Quen non fai moito semellaba un espello, unha nova maneira de facer política, incluso no parecido físico, bateuse en retirada e sen pedirlle permiso. Amigos para isto. A Feijóo non lle gusta que lle marquen o paso e a decisión de López é todo un órdago, e como tal resoou na mesa de Monte Pío.Agora ou nunca, outubro ou marzo.
Patxi López tivo a sorte de vivir no goberno o cese da violencia que non sería moco de pavo se as circunstancias foran outras, se o monte agora non fora todo oposición e se o País Vasco fora inmune á crise, que non é o caso. En Euskadi xa non se fala de ETA, fálase a mesma linguaxe ca no resto do país, e iso non axuda a un PSOE que se dilúe por minutos. A esquerda abertzale camiña imparábel cara un horizonte, o Parlamento, no que andan libres de pecado. As ocorrencias do Concello de Donosti ou da Deputación de Guipúscoa de momento non contan. Falando de ocorrencias a data da convocatoria, o día do anuncio do cese de ETA, semella tan inxenuo como o do 20 N de Zapatero. Agora quédannos as de Feijóo, tan hábil el en prognósticos, do “acabarei coa crise e o paro en corenta e cinco días” ao “non teño case competencia para loitar contra o paro”, habilidades estendidas tamén ao manexo das cifras, salvo que se contrasten.

   * Publicado no xornal La Región 23/08/2012

José Paz

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...